viernes, 29 de julio de 2016

7 LINGUAS

Xa vai a segunda vez que deixa pasar a parada na que ten que baixar, é xa a segunda. As dúbidas consúmeno e bloquéanlle as pernas. Non podo, non podo non deixa de repetirse en baixo, tan baixo que ninguén o aprecia.
No vagón entra unha persoa. Obsérvao mentres deixa fluír o seu discurso. O escritor explica o seu proxecto con detalle. Espalla miradas, pero detense na súa. Sosteñen a mirada por un intre. O escritor recolle os seus bártulos logo de acabar o que tiña que dicir e comeza a camiñar polo vagón cargando nunha man un lote de pequenos libros e na outra un exemplar.
Recibe unha cantidade enorme de respostas negativas. Pasa polo seu carón e as miradas atópanse de novo. Un intre de indecisión e consegue chamar a atención do escritor para mercar e recorller directamente da man dese creador de historias novo que trata de buscarse a vida escribindo na súa lingua no lugar menos indicado.
Agradécelle a compra e continúa o seu camiño. Faltan arredor de vinte paradas para chegar de novo a súa. Mira ao frente coa mirada perdida. Mira, pero non ve. Está pensativo.
Faltan cinco parada, parece que o tempo pasa máis rápido ca de costume. Mira o pequeno libro e decide abrilo
Foron sete linguas. Non hai realmente máis ca unicamente sete. Uma língua, deux langues, three tongues, vier  spraken, cinque lingue,  sechs Sprache e syv tunger. E despois a miña. Foron beijos, bisous, kisses, kussen, baci, Küsses e kys. E despois bicos.
Todas e cada unha coas súas marcar e os seus recorridos. Todas e cada unha delas coas súas palabras fermosas e os seus ataques que fan sufrir. E a oitava igual.
E a noite non paraban de beijar, embrasser, kissing. kussen, baciare, küssen e kysse. E despois bicar.
Foron e son sete linguas.

Le e entende que os erros son sabiduría. As linguas están para falalas e equivocarse, ao igual que as persoas.  Prefire deixar de dubidar e abandonar a liña 6 e conseguir recuperar unha lingua que tamén foi súa.



martes, 5 de julio de 2016

ELLE

Y ahí está ella, la que podría cambiar el rumbo de la historia. La que podría hacer de mí algo grande. La que podría crear una historia que ni el más grande de los romances tendría comparación. Sería, pues, el principio y el final de todo.

Es ella. Se levanta. Camina. Mientras el tiempo deja de pertenecer a las cuatro dimensiones. Es espacio da forma a su cuerpo inmóvil. Forma un agujero negro donde no es la luz ni la materia los que son engullidos, sino mi atención y mis sentimientos. Es todo suyo.

El tiempo vuelve a formar parte de la realidad y se apura a recuperar lo perdido. Se va de la tienda. Veo cómo se va y sé que soy yo el que ha perdido. He perdido la oportunidad de conocerla, crear una historia y de hacerme grande.